Tempada 2008-09 da KHL

A tempada 20082009 da Kontinental Hockey League foi a tempada inaugural desta competición euroasiática de hóckey sobre xeo. A competición comezou o 2 de setembro de 2008 e rematou o 26 de febreiro de 2009.[1] Estivo formada por 24 equipos, e cada un disputou 56 partidos.

Os xogadores do Ak Bars Kazan celebrando o campionato.

. . . Tempada 2008-09 da KHL . . .

Os equipos da KHL ficharon algúns xogadores procedentes da NHL norteamericana. Xogadores como Jaromír Jágr, Alexander Radulov, Ray Emery,[2]Sergei Brylin, Ladislav Nagy, Jozef Stumpel, Marcel Hossa, Ben Clymer, Alexei Zhitnik, Bryan Berard e Chris Simon chegaron á KHL na súa segunda edición.

A disputa entre as dúas ligas debida a algunhas destas fichaxes supostamente foi resolvida nun acordo asinado o 10 de xullo polo cal cada liga pode pagar os contratos da outra; porén a fichaxe de Alexander Radulov fíxose pública un día despois de asinarse o acordo (aínda que a fichaxe tivera lugar dous días antes de que entrara en vigor o acordo),[3] o que conduciu a unha investigación por parte da Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo.[4]

Nun acordo do 30 de outubro, Magnitogorsk Iron and Steel Works mercou o 11.76% da KHL.[5]

A liga aumentou o límite salarial.

O Metallurg Novokuznetsk ata o momento experimentou dificultades financeiras, en parte a causa da crise económica global. Rumoreouse que o patrocinador Evraz Group finalizaría o financiamento. Tamén se especulou con que o equipo cesase as súas operacións co cambio de ano.[6]

O HC MVD sufriu atrasos nos pagos aos xogadores, polo que o Khimik Voskresensk tivo que endebedarse. O Metallurg Magnitogorsk viuse forzado a rebaixar un 30% os gastos en persoal. O propietario do Avangard Omsk Roman Abramovich prometeu que continuaría o seu apoio financeiro mentres que o equipo mantivera os bos resultados. Outros equipos que experimentaron limitacións financeiras foron Vityaz Chekhov, Atlant Moscow Oblast, Lokomotiv Yaroslavl, HC CSKA Moscova.

Polo que respecta á liga, esta creou un “paquete anticrise” para facer fronte á crise financeira. Os recortes realizaranse en gastos non salariais, como actividades previas ao partido, campos de adestramento, e eliminación das xiras de pretempada. Os salarios dos xogadores de nivel medio tamén se poden desfacer. O realiñamento en divisións terá lugar na tempada 2009-10 para reducir os gastos en viaxes.

. . . Tempada 2008-09 da KHL . . .

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under “Creative Commons – Attribution – Sharealike” [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the “GNU Free Documentation License” [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages . Web links: [1] [2]

. . . Tempada 2008-09 da KHL . . .

Previous post Ride the Fader
Next post 西班牙國王