Sigismondo

Sigismondo é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 26 de decembro de 1814, mais non tivo unha grande acollida. Trátase dunha farsa veneciana (ao igual que L’inganno felice, La scala di seta e Il signor Bruschino). Parte da música desta ópera foi empregada por Rossini para varias óperas posteriores: Elisabetta, regina d’Inghilterra, Il barbiere di Siviglia[1] e Adina.[2]

Sigismondo
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Giuseppe Maria Foppa
Estrea 26 de decembro de 1814
Teatro da estrea Gran Teatro La Fenice
Lugar da estrea Venecia
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Arquivo da Casa Ricordi (Milán)
Personaxes

Sigismondo (contralto)
Ladislao (tenor)
Anagilda (soprano)
Radoski (barítono)
Ulderico (baixo)
Aldimira (soprano)
Zenovito (baixo)

. . . Sigismondo . . .

Sigismondo estreouse o 26 de decembro de 1814 no Gran Teatro La Fenice de Venecia, mais non tivo unha grande acollida. A ópera tivo pouca circulación, con representacións en Padua, Cremona e Reggio Emilia (todas elas en 1819), Florence (1820) e Boloña (1827), quedando logo totalmente esquecida. O seu renacemento moderno tivo lugar en Rovigo e Trieste en 1992, cunha xove Sonia Ganassi no papel protagonista.

Esta ópera rara vez é representada na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha única representación no período 200510.[3]

Presonaxe Tesitura Elenco na estrea, 26 de decembro de 1814[4]
(Director: )
Sigismondo, Rei de Polonia contralto Marietta Marcolini
Ladislao, Primeiro Ministro de Polonia tenor Claudio Bonoldi
Anagilda, irmá de Ladislao soprano Marianna Rossi
Radoski, confidente de Ladislao barítono Domenico Bartoli
Ulderico, King of Bohemia baixo Luciano Bianchi
Aldimira, filla de Ulderico e muller de Sigismondo soprano Elisabetta Manfredini-Guarmani
Zenovito, nobre polonés baixo Luciano Bianchi

. . . Sigismondo . . .

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under “Creative Commons – Attribution – Sharealike” [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the “GNU Free Documentation License” [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages . Web links: [1] [2]

. . . Sigismondo . . .

Previous post Eva Mejuto
Next post Luís II de Baviera