Sancho I de Portugal

Sancho I de Portugal, nado o 11 de novembro de 1154 e finado o 26 de marzo de 1211, alcumado O Poboador (polo estímulo de apadriñar o poboamento dos territorios do país – destacando a fundación da cidade da Guarda, en 1199, e a concesión de cartas de foral en Beira e en Trás-os-Montes: Gouveia (1186), Covilhã (1186), Viseu (1187), Braganza (1187) etc, poboando así áreas remotas do reino, en particular con inmigrantes da Flandres e Borgoña.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sancho I.
Sancho I de Portugal
Rei de Portugal
Período 6 de decembro de 118526 de marzo de 1211
Antecesor Afonso I de Portugal
Sucesor Afonso II de Portugal
Datos persoais
Nacemento 11 de novembro de 1154
  Coimbra
Falecemento 26 de marzo de 1211 e 26 de marzo de 1212
  Coimbra
Pai Afonso I de Portugal
Nai Mafalda de Savoia
Cónxuxe Dulce de Aragón
Fillos Tareixa de Portugal, raíña de León, Sancha de Portugal, Afonso II de Portugal, Pedro de Portugal, Fernando de Portugal, Branca de Portugal, Berengária de Portugal, rainha da Dinamarca, Mafalda de Portugal, Constança de Portugal I, Raimundo de Portugal, Rodrigo Sanches de Portugal, Gil Sanchez, Teresa Sanches de Portugal, Pedro Moniz, Martim Sanches de Portugal, Constança Sanches de Portugal e Urraca Sanches de Portugal
Relixión cristianismo
[ editar datos en Wikidata ]

. . . Sancho I de Portugal . . .

Cuarto fillo do monarca Afonso Henriques, foi bautizado co nome de Martiño (Martinho), por ter nacido no día do santo do mesmo nome, e non estaría preparado para reinar, non obstante, a morte do seu irmán, D. Henrique, cando contaba só tres anos de idade, levou á modificación da súa onomástica para un nome máis hispánico, quedando desde entón Sancho Afonso.

En 1170, Sancho foi armado cabaleiro polo seu pai logo despois do accidente de D. Afonso I en Badaxoz e tornouse o seu brazo dereito, tanto desde o punto de vista militar, tanto desde o punto de vista administrativo. Nestes primeiros tempos de Portugal como país independente, moitos eran os inimigos da coroa, a comezar polo reino de Castela e León que había controlado Portugal ata entón. Para alén do máis, a Igrexa Católica demoraba en consagrar a independencia de Portugal coa súa bendición. Para compensar estas fallas, Portugal buscou aliados dentro da Península Ibérica, en particular o reino de Aragón, un inimigo tradicional de Castela, que se converteu no primeiro país en recoñecer Portugal. O acordo firmado 1174 polo matrimonio de Sancho, entón príncipe herdeiro, coa infanta Dulce Berenguer, irmá máis nova do rei Afonso II de Aragón.

Coa morte de Afonso I en 1185, Sancho I convértese no segundo rei de Portugal. Tendo Coimbra como centro do seu reino, Sancho deu por rematada as guerras fronteirizas pola posesión de Galicia e dedicouse a guerrear cos mouros localizados ao Sur, aproveitando o paso polo porto de Lisboa dos cruzados da terceira cruzada, na primavera de 1189, para conquistar Silves, un importante centro administrativo e económico do Sur, cunha poboación estimada en 20.000 persoas. Sancho ordenou a fortificación da cidade e construción do castelo que aínda hoxe pode ser admirado. A posesión de Silves foi efémera, xa que en 1190Abu Yusuf Fatimí al-Mansur rodeou a cidade de Silves cun exército e con outro atacou Pino, que só puido resistir durante dez días, debido ao rei de León e Castela ameaza de novo o Norte.

Sancho I adicou moito do seu esforzo gobernativo á organización política, administrativa e económica do seu reino. Acumulou un tesouro real e incentivou a creación de industrias, así como a clase media de comerciantes e mercadores.

O rei é tamén recordado polo seu gusto polas artes e literatura, tendo deixado el mesmo varios volumes con poemas. Neste reinado sábese que algúns portugueses ían a universidades estranxeiras e que un grupo de xuristas coñecía o dereito que a ministra na Escola de Boloña. No ano 1192 concedeu ao mosteiro de Santa Cruz 400 morabitinos a que se mantivesen en Francia os monxes que alí quixesen estudar.

Rei de Portugal
Segue a:
Afonso I de Portugal
Sancho I de Portugal

Precede a:
Afonso II de Portugal
Dinastía de Borgoña

. . . Sancho I de Portugal . . .

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under “Creative Commons – Attribution – Sharealike” [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the “GNU Free Documentation License” [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages . Web links: [1] [2]

. . . Sancho I de Portugal . . .

Previous post Gran Premio de Bélxica de 2019
Next post Ezequiel Mosquera