MDC1

A MDC1 (proteína mediadora do punto de control de danos no ADN 1) é unha proteína de 2080 aminoácidos de longo que nos humanos está codificada no xeneMDC1 situado no brazo curto (p) do cromosoma 6[1][2][3] A proteína MDC1 é un regulador dos puntos de control do ciclo celular intra-fase S e G2/M e recruta proteínas de reparación no sitio dos danos no ADN. Está implicada en determinar a supervivencia celular en asociación coa proteína supresora de tumores p53. Esta proteína tamén ten o nome de Factor nuclear con dominio BRCT 1 (NFBD1).

PDB2ado
Identificadores
Símbolo MDC1
Símbolos alt. NFBD1, mediator of DNA damage checkpoint 1
Entrez 9656
RefSeq NP_055456
UniProt Q14676
Outros datos
Locus Cr. 66p21.33(30.7 – 30.72 Mb)

. . . MDC1 . . .

O xene MDC1 codifica a proteína nuclear MDC1, que parte da vía de resposta aos danos no ADN (DDR), o mecanismo por medio do cal as células eucariotas responden aos danos no ADN, concretamente ás roturas de dobre febra (DSB) no ADN que son causadas pola radiación ionizante ou clastóxenos químicos.[4] A DDR das células de mamíferos está a cargo de quinases e factores mediadores/adaptadores.[5] Nas células de mamíferos a DRR é unha rede de vías formadas por proteínas que funcionan como quinases ou mediadores/adaptadores que recrutan as quinasas nas súas dianas de fosforilación, estes factores funcionan xuntos para detectar os danos no ADN, e sinalizan o mecanismo de reparación e activan os puntos de control do ciclo celular.[5] O papel da MDC1 na DDR é funcionar como proteína mediadora/adaptadora mediando un complexo doutras proteínas da DDR no sitio dos danos no ADN[5] e repara ditos danos por medio do seu dominio PST.[6]

Cando unha célula se expón a radiación ionizante, a súa cromatina pode quedar danada pola formación de roturas de dobre febra, o que desencadea a DDR que empeza polo recrutamento polo complexo MRN da quinase ATM nas histonas expostas H2AX do ADN danado. A ATMfosforila o C-terminal da histona H2AX (as histonas H2AX fosforiladas nótanse xeralmente como γH2AX), e convértese nunha bandeira epixenética que anuncia o sitio onde se produciu o dano no ADN. O dominio SDT da proteína MDC1 é fosforilado pola caseína quinase 2 (CK2), o que lle permite unirse a outro complexo MRN, a proteína MDC1 pode percibir os danos no ADN ao unirse á bandeira γH2AX polo seu dominio BRCT e trae o complexo MRN unido ao sitio do ADN danado e facilita o recrutamento e retención doutra quinase ATM. A segundo quinase ATM fosforila o dominio TQXF da MDC1, o cal permite que esta recrute a E3 ubiquitina ligase RNF8, que ubiquitinará as histonas preto da rotura de dobre febra, o cal inicia ulteriores ubiquitinacións da cromatina situada arredor do sitio do dano feitas por outros factores da DDR. Esta agregación de factores da DDR e a concentración de histonas fosforiladas e ubiquitinadas denomínase focos de danos no ADN ou focos inducidos por radiación ionizante[5] e o principal papel da MDC1 é coordinar a creación destes focos de danos no ADN. Esta proteína cómpre para activar os puntos de control do ciclo celular intra-fase S e fase G2/M en resposta aos danos no ADN.

. . . MDC1 . . .

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under “Creative Commons – Attribution – Sharealike” [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the “GNU Free Documentation License” [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages . Web links: [1] [2]

. . . MDC1 . . .

Previous post Guanosín monofosfato cíclico
Next post Vaso sanguíneo