Hauteville-la-Guichard

Hauteville-la-Guichard é unha poboación e comuna francesa situada na rexión de Normandía,[2]departamento da Mancha, distrito de Coutances e cantón de Saint-Sauveur-Lendelin.

Hauteville-la-Guichard
L’église Notre-Dame-de-l’Assomption
(A igrexa de Nosa Señora da Asunción).
Localización

Hauteville-la-Guichard
País Francia
Rexión Normandía
Departamento Mancha
Xeografía
Altitude
  • Superficie 11,98 km²
    Demografía
    Poboación 456 hab. (2013) [1]
    Densidade 38 hab./km2
    Xentilicio Hautevillais
    Outros datos
    Código postal 50570
    Alcalde Guy Fossard (2014-2020)

    . . . Hauteville-la-Guichard . . .

    Hauteville-la-Guichard esténdese por unha superficie de 11,98 km². En 2013 a comuna tiña 454 habitantes,[1] o que representa unha densidade de 38 hab./km².

    Despois dunha cesión de terreos en 1825 á comuna de Montcuit, a superficie de Hautteville-la-Guichard reduciuse a 1 198 hectáreas, 37 áreas e 8 centiáreas.

    O territorio inclúe numerosas aldeas: Hauteville-la-Guichard (a vila principal), o Mont, o Châteaus, e a Maiseon Blanche, entre outros.[3]

    Orderic Vital, no século XII, fala dun señor de Hauteville, Tancredo de Galilea, un dos varios Tancredos de Hauteville, nacido en 1072 ou 1076 e morto en 1112), un dos líderes da Primeira Cruzada, que foi príncipe de Galilea e rexente do Principado de Antioquía, e que era neto de Robert Guiscard. Este señor engadiría ao seu nome patronímico o nome da terra que ocupaba, segundo o uso nesa época, designación que non foi elixida ao chou, senón adoptada polo bo sentido popular e utilizada como un nome común desde que o territorio estivo habitado: Altavilla (en latín). Este nome, que se pode traducir como “vila sobre un outeiro”, é adecuado. De feito, se nos situamos nalgúns lugares do municipio, como na aldea de Mont, por exemplo, a vista abarca unha extensión considerábel.[4]

    A segunda parte do nome da comuna, Guichard, sería unha deformación de Robert Guiscard,[5] un dos fillos de Tancredo de Hauteville, que naceu nun lugar chamado la Cave contra 1015.[4] De feito, é tradicional considerar Hauteville-la-Guichard como lugar de orixe de Robert Guiscard, pero sen que haxa unha evidencia certa, porque a diocese de Coutances, no Cotentín, tiña tres parroquias co nome de Hauteville.

    Porén, segundo a pouillé (rexistro eclesiástico) de 1280,[6] o determinante la-Guichard refírese máis ben a un certo Guichard de Montfort, daquela cura da parroquia,[7] dunha familia de orixe bretoa (Montfort-sur-Meu, Ille-et-Vilaine), pero establecido na rexión (señores do pequeno feudo de Montfort en Heugueville-sur-Sienne, cuxo nome sería levado a Remilly-sur-Lozon polos Les Marquetel).[8] Con todo cómpre mencionar que varios outros personaxes de Cotentín levaron o apelido Guischart, sen que se poida determinar se algúns deles eran parentes de Robert Guiscard, e ningún viviu en Hauteville-la-Guichard.[9]

    . . . Hauteville-la-Guichard . . .

    This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under “Creative Commons – Attribution – Sharealike” [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the “GNU Free Documentation License” [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages . Web links: [1] [2]

    . . . Hauteville-la-Guichard . . .

    Previous post Fandango
    Next post Gran Premio de Bélxica de 2019