
Gran Premio de Bélxica de 2019
O Gran Premio de Bélxica 2019 (oficialmente Formula 1 2019 Johnnie Walker Belgian Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que que se celebrou o 1 de setembro de 2019, no Circuíto de Spa-Francorchamps de Spa, Bélxica. Foi a décimo terceira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 e o 75º Gran Premio de Bélxica e a sexaxésima segunda vez que se disputou a carreira en Spa-Francorchamps.
. . . Gran Premio de Bélxica de 2019 . . .
Alexander Albon e Pierre Gasly cambiaron os seus asentos para a carreira, Albon ocupou o lugar de Gasly en Red Bull Racing e Gasly volveu á Scuderia Toro Rosso para cubrir o asento vacante de Albon.[1][2] O resto dos participantes permaneceron sen cambios desde o Gran Premio de Hungría de 2019 aínda que Nicholas Latifi pilotou na primeira sesión de prácticas para Williams, substituíndo a George Russell.[3]
Carlos Sainz, Nico Hülkenberg e Daniel Ricciardo recibiron unha pena na grella de cinco posicións por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.[4][5][6]Alexander Albon, Daniil Kvyat e Lance Stroll deben comezar dende a parte traseira da grella polo mesmo motivo.[7][8][9]
. . . Gran Premio de Bélxica de 2019 . . .