Ezequiel Mosquera

article - Ezequiel Mosquera

Ezequiel Mosquera Míguez, nado en Cacheiras (Teo) o 19 de novembro de 1975, é un ciclista profesional galego.

Ezequiel Mosquera

Información persoal
Nacemento Ezequiel Mosquera Míguez
19 de novembro de 1975 (45 anos)
Nacionalidade Galicia
Equipo
Último equipo
Perfil de corredor Escalador
Equipo(s) Pro
1999-2002
2003
2004
2005
2006
2007-2010
2011
Paredes
Cantanhede-Marques da Marialva
Carvalhelhos-Boavista
Kaiku
Comunidad Valenciana
Karpin Galicia/Xacobeo Galicia
Vacansoleil-DCM Pro Cycling Team

. . . Ezequiel Mosquera . . .

Ezequiel Mosquera en 2008.

Debutou como profesional no equipo portugués do Paredes Móveis, en 1999. Con este cadro comezou a correr pequenas roldas en Portugal, ata que en 2002 queda de 17º na súa primeira participación na Volta a Portugal. Ao ano seguinte, 2003, ficha polo Cantanhede, e en 2004 polo Boavista. Con este novo conxunto queda sétimo na rolda lusa. En 2005 ficha polo Kaiku, e en 2006 polo Kelme Comunitat Valenciana.

En 2007 ficha polo Karpin Galicia, co que consegue o seu maior éxito ao quedar de quinto na Vuelta a España, o mellor resultado ata o momento tanto del como do seu conxunto. En 2008 obtén a vitoria na primeira tirada da Clásica de Alcobendas, así como o triunfo final. E co mesmo equipo, xa denominado Xacobeo Galicia, queda de segundo na primeira tirada pirenaica da Vuelta a España dese mesmo 2008 e cuarto na clasificación xeral da proba.

No ano 2009 volveu quedar 5º na Vuelta a España Nese ano non puido participar no Giro de Italia por mor dunha fractura na boneca esquerda. En 2010 gañou a penúltima etapa desa proba (a considerada etapa raíña, con final no cumio da Bola del Mundo), co que quedou 2º na clasificación xeral, a 41 segundos do italiano Vincenzo Nibali. Quedou terceiro na Vuelta a Castilla y León.

O 30 de setembro de 2010 a Unión Ciclista Internacional fixo público os resultados positivos dunha análise antidopaxe realizada a Ezequiel Mosquera e a David García o día 16 de setembro, durante unha tirada da Vuelta a España. A substancia presuntamente detectada é hidroxyetilo, un encubridor doutras substancias[1].

Para o ano 2011 fichou polo equipo Vacansoleil-DCM Pro Cycling Team, mais tras coñecerse a dopaxe o equipo deixou en suspenso a contratación do ciclista, concretándose trala súa absolución. Finalmente foi sancionado a finais de 2011. No ano 2012 Mosquera declarou que quizais incumplira algunha norma antidopaxe, aínda que sen deixar clara a súa culpabilidade[2].

. . . Ezequiel Mosquera . . .

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under “Creative Commons – Attribution – Sharealike” [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the “GNU Free Documentation License” [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages . Web links: [1] [2]

. . . Ezequiel Mosquera . . .

Previous post Sancho I de Portugal
Next post Galería de imaxes de Nigrán