
Catedral de Braga
A catedral de Braga ou sé de Braga é unha catedralcatólica que se localiza na freguesía da Sé, cidade e concello de Braga, distrito de mesmo nome, en Portugal.




A catedral comeza a se contruír en épocas do aínda Reino de Galiza e se constitúe na sede do bispado fundado, segundo a tradición, polo padrón do reino, Santiago o Maior, que aquí tería deixado como primeiro bispo o seu discípulo, san Pedro de Rates. Debido a esa orixe apostólica é considerada como Sacrosanta Basílica Primacial da península Ibérica, e o seu arcebispo, Primaz das Espanhas. Posúe liturxia propia, a liturxia bracarense.
Considerada como un centro de irradiación episcopal e un dos máis importantes templos do románico no país, aquí atópanse os túmulos de Henrique de Borgoña, conde de Portugal, e súa dona, a galega Tareixa, pais de Afonso I de Portugal.
. . . Catedral de Braga . . .
Aséntase sobre as fundacións dun antigo mercado ou templo romano dedicado a Isis, conforme testemuña unha pedra votiva na parede leste, e os muros dunha posterior basílicapaleocristá.
A súa historia mellor documentada remonta á obra do primeiro bispo, Pedro de Braga, e corresponde á restauración da sé episcopal en 1070, da que se conservan poucos vestixios.
En 1128 comezou a construción dun edificio de cinco capelas na cabeceira, por iniciativa do arcebispo Paio Mendes, parcialmente destruído polo sismo de 1135. Respectando os canons arquitectónicos dos Beneditinos clunicenses, os traballos foron dirixidos por Nuno Paio.
En 1268 as obras aínda non estaban concluídas. O edificio continuou a ser modificado con algunhas intervención artísticas, sendo particularmente significativa a galilea, mandada construír, na fachada, por Jorge da Costa nos primeiros anos do século XVI e que sería concluída por Diogo de Sousa. Este último mandou facer as grades que agora a fechan, tendo aínda alterado o pórtico principal, (destruíndo dúas das súas arquivoltas) e mandado executar a ábsida e a capela maior, obra de João de Castilho datada de inicios do século XVI.
En 1688 destacou a campaña de obras promovida polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, que modificou toda a fachada ao gusto barroco, mandando executar tamén o ciborio que ilumina o cruceiro.
Nas dependencias da antiga casa do Cabido, mandada construír a comezos do século XVIII, polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, encóntrase actualmente o Tesouro Museo da Sé de Braga.
No século XX colocouse xunto aos claustros o túmulo da taumaturga, relixiosa e estigmatizada, irmá Maria Estrela Divina, centro de gran devoción popular. Foi sonado o seu espolio de reliquias sagradas, onde destaca o pedazo dun manto da Virxe María, na Capela das Reliquias. Na catedral atópanse arcas que seica conteñen os ósos de moitos santos, e a lendaria Araca Sagrada, cuxo contido era notábel e que noutrora saía en posesión nos días solemnes de festa. A sé de Braga está declarada Monumento Nacional de Portugal desde 1910.
. . . Catedral de Braga . . .